Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Reunión de traballo para coordinar o futuro simulacro de incendio en Lodairo

O Concello acolleu hoxe unha reunión de traballo para coordinar o simulacro de incendio que terá lugar en Mugardos (na zona de Lodairo) o vindeiro luns 24 de maio entre as 8:00 e as 14:00 horas.

Participarán o Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES), a Polícia Nacional e Local, a Guardia Civil, Protección Civil e efectivos de Medio Rural da Xunta de Galicia.

Se as condicións metereolóxicas o permiten, tamén haberá un despliegue aéreo cun helicóptero e a brigada aerotransportada (BRILAT).

Abordarase un posible incendio que alcanzaría un radio de máis de 30 hectáreas en zonas habitadas. Para iso, se simularán cortes de estradas, de luz, e atrapamentos. Desplegaranse tódolos medios posibles para abordar da maneira máis eficaz unha situación así.

Dende o Concello pídense disculpas de antemán polas molestias que se podan ocasionar, ao tempo que se agradece a colaboración de todos os corpos e forzas de seguridade e resto de participantes neste exercicio.

Back to top