Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE CALDOVAL ORGANIZA UNHA ACTIVIDADE ESPECIAL POR SAMAÍN CON ENTRADA LIBRE

O sábado 31 de outubro ás 17:30 horas abrirase a porta que na Antiga Roma conectaba o mundo dos vivos co dos mortos…. E o museo encherase de pantasmas. A misión está clara: devolvelos ao máis alá!

O Centro de Interpretación de Caldoval celebra así un fenómeno que acontecía tres veces ao ano, os días 24 de agosto, 5 de outubro e 8 de novembro, polo que se move uns días para coincidir coa celebración do Samaín.

Non é necesario reservar praza e a entrada é de balde e para tódolos públicos. Anímase a vir disfrazados e repartiranse cabaciñas decorativas entre os asistentes.

Back to top