Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

LISTAXE DEFINITIVA DAS AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE PARA O CURSO 2026/2027

Listaxe definitiva de axudas concedidas, denegadas e ou desistidas para o ensino e o transporte para o curso 2026/2027.

Os establecementos colaboradores (SERMUGA, KIOSKO LOLI, GLOBECIENTOS, AS LENDAS DO GATO) deberán presentar as facturas xunto cos vales canxeados entre o 09/11/2026 e o 20/11/2026.  

– As persoas perceptoras de VALE (no caso de cursar segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou bacharelato) deberán acudir ao departamento de Benestar Social do Concello ata o mércores 4 de novembro de 2026, provistos do DNI da persoa solicitante (nai, pai ou alumno/a maior de idade, segundo corresponda) ou, no caso de non poder acudir a persoa solicitante, poderá retiralos calquera persoa que presente autorización por escrito da persoa titular dos vales e o DNI de ambos.

 – Nos restantes casos (formación profesional: básica, media e superior, graos universitarios, máster, etc..) as axudas serán ingresadas na conta designada previa xustificación mediante a presentación de facturas xustificativas de que a axuda foi invertida no fin para o que foi concedido (prazo de presentación de facturas do 9 de novembro de 2026 ata o 11 de decembro de 2026). 

Back to top