Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O ALCALDE DE MUGARDOS SOLICITA Á XUNTA A INSTALACIÓN DUN PASO DE PEÓNS NA PEDREIRA

Debido á titularidade autonómica da AC-133, é a Consellería de Infraestructuras e Mobilidade a encargada da seguridade viaria na zona

Mugardos, 7 de marzo de 2022. Juan Domingo de Deus comunicou hoxe a solicitude realizada polo seu goberno á conselleira de Infraestructuras e Mobilildade, Ethel Vázquez, para a instalación dun paso de peóns na Pedreira co obxectivo de mellorar a seguridade viaria na zona. “Trátase dunha reinvindicación histórica non só dos veciños e veciñas, tamén dos paseantes e de todos os mugardeses que pasan a diario por este espazo” subliñou.

A solicitude realizada polo alcalde dun paso de peóns nas inmediacións do antiguo Mesón da Pedreira, na área de influencia das rúas Galiñeiro, Casás, Fieiteiras, A Cañota e Travesía da Pedreira, conta co aval da Policía Local, que xa transmitiu nun recente informe que esta petición de garantir a seguridade viaria na zona a través dun paso de peóns podría incluso encadrarse dentro dun plan da Dirección Xeral de Tráfico chamado “Travesías seguras”. Así este tramo da AC-133 pasaría a considerarse como travesía, a maiores habería 5 vías que conflúen nela (rúas Galiñeiro, Casás, Travesía de Fieiteiras, A Cañota e Travesía da Pedreira), un carril central de enlace para dar servizo ao xiro cara R/ Casás e desta última rúa para incorporarse á AC-133, e unha parada de bus de liña regular e escolar en cada sentido da marcha.

No relativo á parada de bus desta zona, a conselleira Ethel Vázquez no encontro mantido en Santiago co alcalde mugardés o pasado 24 de febreiro, transmitiu que xa está solicitada a autorización para a instalación dunha marquesiña previsiblemente no mes de abril, dentro da campaña de reposición e colocación de novas marquesiñas iniciada o pasado ano.

“A petición que realizamos á conselleira para a zona da Pedreira dada a elevada densidade de tránsito, foi a plantexada pola Policía Local no seu informe, esto significa que solicitamos que o treito indicado na Pedreira pase a ser unha travesía, se reduza a velocidade a 50 km/h e se instale un paso de peóns. E confiamos en que a nosa solicitude sexa atendida pola Consellería, pola evidente necesidade e pola boa disposición que sempre atopamos neles, e máis cando se está a falar de seguridade viaria” rematou De Deus.

Back to top