Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PRESENTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DAS PEPITAS DE MUGARDOS 2022

A presentación da Madriña, as rondas e o Certame de Rondallas encherán estes días de música e tradición as rúas mugardesas, e a II edición da Iniciativa de adornar balcóns e fiestras contribuirán a crear un ambiente festivo.

A concelleira de Cultura, Begoña Roldós, presentou hoxe no Concello a programación municipal das Pepitas 2022, que terá o seu día grande o sábado 26 de marzo co Certame de Rondallas.

A programación comenzará coa presentación da Madriña. O sábado día 12 ás 19.00 horas realizarase a presentación da Rondalla Mugardesa 2022 no Casino Mugardés, e o sábado 19 ás 19.00 horas tocaralle o turno á presentación institucional da Madriña no balcón da Casa do Concello mugardés. A continuación, a Rondalla Mugardesa realizará a primeira das rondas programadas para estes días polas rúas de Mugardos.

Ao día seguinte, a Rondalla fará unha homenaxe ao balcón gañador do II Certame de balcóns e fiestras, que terá lugar no Concello entre os días 12 ó 26 de marzo (ambos incluidos).

As persoas interesadas en participar nesta iniciativa deberán comunicalo antes do 11 de marzo no departamento de Cultura (de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas), ou ben no enderezo electrónico cultura@concellodemugardos.gal. O correo levará o título de ‘Balcóns Pepitas 2022’, e deberá incluir: nome e apelidos, enderezo e número de teléfono.

As condición da iniciativa son que os balcóns e fiestras participantes deben estar adornados do 12 ó 26 de marzo, e que todos os elementos utilizados para a decoración déixanse á libre elección dos participantes, aínda que se lembra que, por motivos de seguridade, deberán estar perfectamente anclados todos os elementos colgados que poidan precipitarse por efecto do vento.

A decisión do balcón ou fiestra mais representativo será tomada por dous membros da Rondalla Mugardesa e un/ha representante do Concello, e farase público o sábado 19 de marzo, comunicándolle por teléfono a decisión á persoa responsable do balcón ou fiestra elexido, e entregaráselle unha cinta conmemorativa da Rondalla Mugardesa Pepitas 2022.

Para continuar coa programación das Pepitas 2022, o venres 25 de marzo a partir das 19.00 horas, a Rondalla Local realizará o seu percorrido polo Seixo.

Ó día seguinte e a partir das 17.00 horas, as rondallas Añoranzas, Club de Campo, Os Trobadores, Só Elas, Sonidos del Alba, Bohemios e Rondalla Mugardesa concentraránse no peirao e desfilarán actuando ata o Casino Mugardés, onde coa presentación de Anabel Bello Platas terán lugar desde as 18.30 horas as actuacións do Certame de Rondallas que porá o broche de ouro á celebración das Pepitas 2022.

Back to top