Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

NOVO REGULAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES MUNICIPAIS

Hoxe venres 2 de decembro entra en vigor o novo regulamento dos comedores escolares municipais.

O servizo de comedor escolar municipal é un servizo educativo, complementario, compensatorio e social, e resulta unha valiosa ferramenta de conciliación da vida familiar, laboral e persoal.

O Concello de Mugardos conta con dous comedores escolares municipais, o primeiro deles no CEIP Unión Mugardesa (58 prazas autorizadas) e no curso 2017-2018 púxose en marcha o segundo no CEIP Santiago Apóstol de Franza (24 prazas autorizadas). Poden facer uso deste servizo os alumnos e alumnas de ámbolos dous centros.

Os menús elabóranse de acordo con criterios de alimentación sana e equilibrada do alumnado, que figuran na guía “Menús saudables no comedor escolar” editada pola Xunta de Galicia.

O horario do servizo de xantar extenderase dende as 14.00 horas ás 16.00 horas. De elixilo as familias, o alumnado pode saír ás 15:15h. Pola súa banda, o horario de entrada ao almorzo abrangue de 7,30 a 8,30 h. Por seguridade dos e das comensais, e agás os horarios das quendas de saída, as portas dos centros permanecerán pechadas durante o horario de comedor. 

O prazo ordinario de solicitude é do 1 ao 10 de xullo tanto para reservas de praza como para novas solicitudes. 

O servizo de xantar do comedor escolar municipal está cofinanciado pola Consellería de Cultura, Educación  e Universidade a través dun convenio bianual.

Back to top