Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

NOVO TORNEO DE XADREZ EN MUGARDOS NO MES DE DECEMBRO

O torneo está organizado pola Escola Ferrolá de Xadrez e o Concello de Mugardos no Local municipal de Maiores

A Concellería de Deportes municipal e a Escola Ferrolá de Xadrez presentaron hoxe o VIII Torneo SUB 2400 de xadrez aberto a todas as idades, que terá lugar do 9 al 11 de decembro no Local municipal de Maiores.

Trátase dun torneo reservado para xogadores sen ELO ou con ELO menor de 2400, e desde a organización sinalouse que non é preciso ter licenza federativa, que se facilitará sen custo para os deportistas participantes.

O sistema de xogo será suizo a 5 sesión, que disputaranse a primeira o 9 de decembro ás 18.00 horas, a segunda o 10 de decembro ás 10.30 horas, a terceira 10 de decembro ás 16.30 horas, a cuarta os 11 de decembro ás 10.30 horas e a quinta e última, o 11 de decembro ás 16.30 horas. O tempo máximo de espera será de 30 minutos.

Ao finalizar a quinta sesión, celebrarase a entrega de trofeos para os 3 primeiros de cada categoría (sub10, sub12, sub14, sub18, veteráns e séniors) e na cerimonia de peche, sortearanse 15 libros de xadrez entre todos os deportistas presentes.

Os veciños e veciñas que desexen participar poden inscribirse a través do email xoanrei@gmail.com ou chamando ao teléfono 655 796 421, e aqueles que deseñen máis información poden consultala na web www.escoladexadrez.com e www.info64.com.

Roldós congratulouse polo pulo que o xadrez experimenta en Mugardos “2022 está a ser o ano da volta do xadrez a Mugardos, grazas a participación da veciñanza e a colaboración do goberno municipal e a Escola Ferrolá de Xadrez. E pola nosa banda, esperamos seguir avanzando. Neste 2022 celebramos o VI Torneo Internacional de Mugardos en maio e agora o torneo de decembro, temos a escola municipal de xadrez aberta durante todo o ano, con clases para maiores e pequenos os martes pola tarde no Casino Mugardés (de 17.30 a 18.30 nenos e de 18.30 a 20.30 adultos) e xa estamos a pensar xa nas novidades de 2023”.

Back to top