NOVA REUNIÓN NO CONCELLO COS VOLUNTARIOS DO CER
O encontro celebrarase o martes 28 de marzo no Salón de Plenos
O concelleiro de Participación, Miguel Mahía, informou hoxe da convocatoria dunha nova reunión do goberno municipal cos voluntarios do sistema CER (Captura–Esterilización–Retorno) para o control das colonias felinas o próximo martes 28 de marzo ás 19.30 horas.
Mahía sinalou que, entre outros temas, abordarase a necesidade de sinalización das colonias felinas, o seguimento e control das actuais colonias e a formación de novos voluntarios que se foron incorporando ao longo dos últimos meses.