Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

RECEPCIÓN NO CONCELLO Á MUGARDESA QUE OBTIVO UNHA DAS BECAS DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA

Será o próximo sábado ás 12.00 horas no salón de Plenos

A concelleira de Mocidade, Begoña Roldós, convidou á veciñanza a participar na recepción a Helena Brage Fornos, o próximo sábado 18 de marzo no salón de plenos, logo de lograr unha beca da Fundación Amancio Ortega.

Helena é unha das 10 persoas da comarca que recibirán unha axuda da Fundación Amancio Ortega, o que permitirá que esta alumna do IES de Mugardos curse os seus estudos de 1º de bachillerato o próximo ano en Canadá e Estados Unidos.

“Esta recepción ten como obxectivo trasladar a Helena o orgullo polo seu logro, froito do seu esforzo e o da súa familia. Esperamos que desfrute ao máximo esta aventura” sinalou o concelleira.

Back to top