Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

NOVA ACTIVIDADE PROGRAMADA POLA CONCELLERÍA DE IGUALDADE PARA O PRÓXIMO VENRES 2 DE OUTUBRO

A Concellería de Igualdade informa da organización dun evento para o próximo venres 2 de outubro ás 20.00 no Casino Mugardés  a cargo de Virginia Imaz Quijera, do grupo de teatro OIHULARI KLOWN, que presenta “Pronoia”.

Parodia de teatro clown para público novo e adulto.  Pauxa é unha payasa que reflexiona sobre a violencia de xénero. Tomando ás persoas do público como cómplices e testemuñas das súas delirantes reflexións, compártenos as súas inquietudes sobre as relacións humanas en xeral e a dificultade de xestionar vínculos saudables, declarándose ao mesmo tempo unha e outra vez, optimista e pronoica.

Cunha longa traxectoria profesional, no ano 2017, Virginia Imaz Quijera, recibiu o Premio Emakunde á Igualdade, por parte do Instituto Vasco da Muller, “pola súa impecable, valente e longa traxectoria como payasa profesional e contacontos con conciencia feminista, facendo ver as desigualdades de mulleres e homes e xerando alianzas para traballar a favor da igualdade”.

A duración do espectáculo é de 90 minutos, e o aforo do espazo está limitado a 100 persoas, previa inscrición. Para realizar dita inscrición, as persoas interesadas deberán chamar ao 981 470 338 (extensión #2017) ou enviar un correo electrónico a  servizos.sociais@mugardos.gal.

Back to top