Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ATRAPADOS CON HARRY POTTER E O XOGO DE ENDER SON AS PROPOSTAS DA CASA DA CULTURA PARA ESTE MES DE OUTUBRO

A Concellería de Cultura informa da programación de dúas actividades para nenos e nenas de entre 10 e 15 anos para este próximo mes de outubro na Casa da Cultural.

A primeira das actividades será “Atrapados con Harry Potter” que desenvolverase o venres 9 de outubro ás 17.00h na Casa da Cultura. Trátase dunha actividade de escape room temático, ambientado no mundo de Harry Potter e dirixido á rapazada de 5º e 6º de Educación Primaria. Os participantes estarán situados no interior da novela O cáliz de lume na que haberá que axudar a Harry a fuxir da habitación na que está atrapado.

O seguinte venres, 16 de outubro, a partir das 17.30h e tamén na Casa da Cultura tocaralle o turno a “O xogo de Ender”, actividade dirixida a rapaces/as de 1º a 4º da ESO baseada na novela do mesmo título e na que, logo de reparar na súa mensaxe e no seu ambiente, crearán instrumentos electrónicos tipo alarma láser e marcadores lasertag para facer un xogo de estratexia, traballando tamén na creación dos perfís dos personaxes. Para gañar precísase traballo en equipo, intelixencia e moita puntería.

As dúas actividades requieren inscrición previa, que xa pode realizarse presencialmente na biblioteca municipal ou chamando por teléfono ao 981 470 301.

Back to top