Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MUGARDOS VOLVE A UNIR MÚSICA E DEPORTE

O Concerto de Música Sacra e unha andaina por Cervás son as propostas para este domingo

A concelleira de Cultura e Deportes, Begoña Roldós, informou hoxe das actividades organizadas polo Concello para este domingo 10 de abril, e que unha vez máis centraránse na música e o deporte, coa andaina organizada en colaboración coa Asociación de Montefaro “Mugardos Camiña: ruta por terras de Cervás” e o Concerto Sacro na Igrexa de San Xulián.

A ruta polas terras de Cervás, de sete kilómetros e medio de longo e programada para este domingo día 10 de abril e enmarcada dentro do programa municipal “Mugardos Camiña”, terá a súa saída ás 10.00 horas desde o Casino de Cervás. Todas as persoas interesadas poderán apuntarse nas oficinas do departamento de Cultura, sitas no primeiro andar da Casa do Concello, ben presencialmente ou ben chamando ao 981 470 290 (extensión #2033). Trátase dunha actividade totalmente gratuita.

E logo de percorrer a preciosa contorna mugardesa, a concelleira convidou á veciñanza a rematar o día gozando do Concerto Sacro na Igrexa de San Xulián a partir das 19.30 horas e no que poderá desfrutarse da actuación do Coro de Cámara Música Viva (Ourense), da Coral Estelas do Mar (Mugardos) e do pianista e organista mugardés Carlos Fernández Bollo.

O Coro de Cámara ‘Música Viva’ creouse en 2009 e conta con 13 integrantes. Pola súa banda, Carlos Julián Fernández Bollo, iniciou a súa formación musical na escola municipal, e aos seus 21 anos é xa un reputado e premiado profesional de piano e órgano.

Back to top