Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MUGARDOS ULTIMA OS PREPARATIVOS PARA CELEBRAR A ROMARÍA DO VOTO DE CHANTEIRO O 26 DE MAIO

O Concello de Mugardos está a ultimar os preparativos para a celebración da tradicional Romaría do Voto de Chanteiro, que terá lugar o martes 26 de maio e que volverá reunir a numerosos veciños e visitantes nunha das citas máis emblemáticas do calendario festivo local.

Durante as últimas semanas, os distintos servizos municipais traballaron na organización e coordinación do evento, incluíndo labores de acondicionamento de espazos, loxística, seguridade e preparación dos diferentes actos previstos para a xornada.

A concelleira de Cultura, Educación e Deportes, Begoña Gómez, destacou que “o Voto de Chanteiro é unha tradición moi arraigada en Mugardos e desde o Concello traballamos para que esta celebración se desenvolva nas mellores condicións e seguir mantendo vivo este importante patrimonio cultural e popular”.

O Concello anima a veciños e visitantes a participar nesta xornada festiva, que combinará tradición, convivencia e actividades nunha contorna de gran valor paisaxístico e cultural.

Os horarios da programación do Voto de Chanteiro son os seguintes:

10:00 horas: Saída de autobús de Franza, pasando por A Pedreira e Academia (Meá).

10:15 horas: Concello de Mugardos, e Chanteiro.

10:45 horas: Saída de autobús por Praza do Pedregal (Redes), As Pezoas, Seselle, Ares, Lubre, Cervás e Chanteiro.

12:00 horas: Celebración da Misa. Ó finalizar actuará o grupo de música tradicional “Trouleada de Ares” e haberá reparto de empanada.

14:00 horas: Saída de autobuses de volta, co seguinte percorrido: Chanteiro, Ares e Mugardos.

19:00 horas: Saída de autobuses de volta con percorrido: Chanteiro, Ares e Mugardos.

Back to top