Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MUGARDOS SOLICITA A COSTAS O REACONDICIONAMENTO DA PRAIA DA BARROSA

O Concello solicita tanto a aportación de area como a recuperación das infraestruturas

O alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, ven de solicitar de xeito oficial á xefatura da Demarcación de Costas do Estado na Coruña o reacondicionamento da praia da Barrosa, no Seixo, por parte do ente.

Na carta dirixida á Demarcación de Costas, o rexidor subliñou a importancia da actuación xa que trátase de atender a demanda da veciñanza para a recuperación da Praia da Barrosa (O Seixo), usada antigamente polos veciños e veciñas e que na actualidade, debido ao estado no que se atopa, non pode ser destinada a este uso.

De Deus sinalou que “na misiva enviada ao ente estatal xa concretamos as actuacións necesarias e demandadas pola veciñanza para este enclave privilexiado na ría de Ferrol, concretamente a adecuación da zona para a recuperación do seu uso mediante a aportación de area e o reacondicionamento das infraestruturas necesarias. Esperamos que nas próximas datas nos sexa remitida unha resposta favorable a esta solicitude e por suposto quedamos a disposición de Costas para a coordinación das actuacións necesarias”.

Back to top