Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MUGARDOS SOLICITA Á CONSELLERÍA DO MAR A CESIÓN DA TITULARIDADE DA CASA DO RELOXO

Na tarde de onte, a conselleira do Mar Rosa Quintana e a Confraría de Pescadores de Mugardos asistiron a un encontro de traballo organizado polo alcalde Juan Domingo de Deus no salón de plenos municipal.

Neste encontro, o alcalde púxose a disposición da nova directiva da confraría mugardesa e mostrou a total colaboración do seu goberno co sector.

Así mesmo, o alcalde aproveitou a xornada conxunta de traballo para solicitar á conselleira a cesión da titularidade da Casa do Reloxo ao concello, co obxectivo de levar a cabo a rehabilitación da instalación e poder poñela en valor adaptandoa para usos turísticos. A Casa do Reloxo é unha das edificacións máis queridas polos mugerdeses e mugardesas e con máis historia popular, e a súa recuperación para o disfrute da veciñanza foi unha das propostas platexadas á conselleira.

A outra solicitude exposta na reunión foi a ampliación por parte da Consellería do Mar dos pantaláns situados no peirao mugardés, así como a creación dunha zona de abrigo para evitar os danos que unha e outra vez están a ocasionar os temporais nas embarcacións amarradas.

Ao finalizar o encontro, os presentes expresaron a súa satisfacción pola posibilidade de establecer canles de comunicación e colaboración entre as administracións e o sector produtivo.

Back to top