Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MUGARDOS CONMEMORA O 8 DE MARZO

A Casa do Concello tingue de morado a súa fachada

A concelleira de Igualdade, Ana Varela, informou de que esta noite, e co obxecto de visibilizar a conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Casa do Concello tinguiuse de morado coma símbolo de apoio á loita pola igualdade entre homes e mulleres.

Varela destacou que “Un dos piares do noso goberno é o da igualdade. A sociedade está concienciada, e este goberno tamén, da importancia de dar visibilidade á necesidade de igualdade que temos en todos os ámbitos da vida homes e mulleres. Sempre se falou da necesidade de igualdade no ámbito laboral, pero non só. As persoas somos algo máis que traballo: somos familia, amigos, afeccións, ocio, saúde… E todos temos dereito e necesidade de desenvolvernos en todos estes aspectos, sen que ser home ou muller marque a diferencia” concluíu.

Back to top