Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MÁIS DE 30 COIDADORES SEGUEN TRABALLANDO NO CONTROL DAS COLONIAS FELINAS

Media ducia de exemplares xa foron esterilizados e devoltos á colonia

Mugardos, 11 de outubro de 2022. O concelleiro de Participación, Miguel Mahía, presentou hoxe a situación actual da campaña para o control das colonias felinas, referíndose ao excelente traballo realizado polos coidadores voluntarios e ás tarefas de esterilización dentro do método C.E.R. (captura, esterilización e retorno).

Para o control da poboación felina nas rúas mugardesas, que pretende controlar de xeito respectuoso con estas agrupacións de gatos rueiros, os coidadores  prodecen á colocación das gaoilas para a captura dos animáis co obxectivo que estes sexan esterilizados. Unha vez recuperados da intervención, os felinos son devoltos ao seu territorio.

Os coidadores e coidadoras das colonias felinas municipais, de todas as parroquias mugardesas, participaron ao inicio do verán nunha charla formativa para o uso das gaiolas de captura e dispoñen de carné de persoal autorizado da colonia. Desde o goberno confírmase que dado o éxito da xornada e a boa acollida destas campañas, que permitiron pasar dos 30 voluntarios, estase a organizar unha nova xornada formativa.

Mahía quixo trasladar novamente o agradecemento do goberno municipal aos participantes nesta campaña “polo seu interes e colaboración desde o primeiro momento. O seu compromiso co benestar animal e a necesidade de poñer unha solución ás colonias felinas de xeito respectuoso, é a clave do éxito dun modelo de control das colonias felinas que xa están a analizar noutros concellos da provincia”

Back to top