Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

LUZ VERDE PARA A ADQUISICIÓN DUN NOVO VEHÍCULO PARA A POLICÍA LOCAL MUGARDESA

O Concello de Mugardos reinicia o proceso de licitación

O concelleiro de Obras e Servizos, Jorge Kuntz, ven de informar da apertura do proceso de adquisición por parte da administración local dun novo vehículo para a Policía Local mediante licitación aberta, cun orzamento de 30.000 euros.

Esta é a segunda ocasión na que o goberno mugardés abre o proceso para a subministración deste coche, xa que no mes de decembro do pasado ano desenvolveuse a primera contratación que no trámite de presentación e ofertas quedou deserto obrigando á revisión dos pregos para a segunda licitación.

Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno celebrada o pasado día 12 de maio procedeuse a aprobar o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado sumario, recollendo que a subministración deste vehículo para a Policía Local mugardesa se realizará con financiación procedente do POS+ ADICIONAL 1/2019. Tamén foron aprobados os Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares e de Prescricións Técnicas que rexerán o contrato.

A partir deste momento, procederase a publicar o anuncio de licitación no Perfil de Contratante co contido contemplado na Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, así como toda a documentación integrante do expediente de contratación.

Back to top