Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓNS NO PROGRAMA DE MOCIDADE ACTIVA “REVOLUCIONA O TEU VERÁN”

A Concellería de Benestar Social informa da apertura do prazo de presentación de solicitudes para participar no programa “Revoluciona o teu verán” destinado á mocidade entre 11 e 16 anos e desenvolto polos concellos de Mugardos, Fene e Neda.

Os obradoiros ofertados son pilotaxe de drons, fútbol burbulla., fabricación dixital 3D, artesanía electrónica, habilidades Maker, como ser Youtuber, radio, habilidades persoais e combate láser.

As actividades desenvolveranse do 15 de xullo ao 15 de agosto en horario de mañá (de 11.00 a 13.30 horas) na Casa da Cultura de Mugardos e en espazos exteriores cercanos cumprindo coas medidas sanitarias de prevención pertinentes.

A inscrición permanece aberta ata o 13 de xullo e pode realizarse a través do email servizos.sociais@fene.gal adxuntando debidamente cubertas as instancias dispoñibles para a súa descarga, e excepcionalmente de forma presencial (solicitando cita previa no Centro Social do concello de Fene chamando aos teléfonos 981 342 607 ou 981 492 706 de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas).

“Revoluciona o teu verán” é un conxunto de actividades e obradoiros para a aprendizaxe dun lecer saudable, e  forma parte do Programa Mocidade Activa, incluido dentro do Programa de prevención de conductas adictivas  que o Concello de Mugardos xestiona en agrupación cos Concellos de Neda e Fene e que está subvencionado pola Consellería de Sanidade.

Nas seguintes ligazóns poden descargarse as instancias de inscrición e o anexo de aceptación das condicións de participación. As persoas que así o desexen poden inscribirse enviando estes documentos cubertos e firmados ao correo electrónico servizos.sociais@fene.gal:

DESCARGAR PDF Instancia de inscrición no programa “Revoluciona o teu verán”

DESCARAGAR PDF Anexo de aceptación das condicións de participación no programa “Revoluciona o teu verán”

Back to top