Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

INICIADOS OS TRABALLOS NA CONTORNA DO RÍO BAA

A Concellería de Obras, Servizos e Medio Ambiente informa do inicio no día de hoxe dos traballos de conservación, mantemento e mellora da contorna do río Baa, consistentes na retirada de árbores e madeira morta sobre a canle do río, así como puntualmente, do desbroce no ancho da canle. Esta é a primeira das actuacións previstas neste importante espazo natural.

Para a realización dos traballos estase utilizando numerosa maquinaria na zona, como motoserras, retroexcavadora, dumper, camión, e gps topográfico, polo que se solicita á veciñanza que extremen as precaucións no caso de acercarse ata ese punto do río.

O concelleiro Jorge Kuntz quixo resaltar a importancia do inicio dos traballos por parte de Augas de Galicia, logo do acordo adoptado coa Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para a realización dun estudo por parte da Xunta para analizar as posibles actuacións a realizar co obxectivo de evitar os asolagamentos que se repiten na contorna do río Baa “O compromiso adoptado polo goberno municipal e a Xunta de Galicia para acabar cos problemas do río Baa é firme” sinalou o concelleiro.

Back to top