INFORMACIÓN SOBRE O COMPLEXO ACUÁTICO DO CASTRO
O Concello de Mugardos lembra que, en cumprimento do Decreto 179/2020 do 4 de novembro da Xunta de Galicia polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, a zona de augas e o spa do Complexo Acuático do Castro permanecerán pechadas. Mantense aberto exclusivamente o ximnasio coas restriccións de aforo pertinentes.
Na seguinte ligazón pode accederse ao texto íntegro do Decreto da Xunta de Galicia:
IR Á LIGAZÓN DOG Decreto 179/2020 do 4 de novembro da presidencia da Xunta de Galicia