Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

HOMENAXE AOS 15 ANOS DE HISTORIA DA ESCOLA DE KARATE FRANZA MUGARDOS

O evento foi unha homenaxe aos que ao longo destes anos colaboraron no crecemento deste proxecto deportivo

A Escola de Karate Franza Mugardos cumpriu o pasado mes de outubro 15 anos como clube federado e celebrounos esta semana cunha homenaxe celebrada no Salón de Plenos do Concello.

O evento foi un pequeño percorrido pola historia da escola vivida desde aquel 2008 no que comezou esta andaina como clube federado e a persoaxes históricos e esenciais na súa memoria como Moncho Vázquez pai e Moncho Vázquez fillo.

No acto, organizado pola Escola e o seu profesor Juan Carlos Rey e no que colaborou o Concello, fixose mención á importancia de crer nos proxectos xa que, aínda que está é unha escola pequena, algúns dos seus alumnos participaron e participan con excelentes resultados en campionatos nacionais e autonómicos.

No acto estiveron presentes mentores, profesores, alumnos, familiares e persoal colaborador, piares fundamentais da escola e do seu camiño durante estes 15 anos.

O Alcalde Juan Domingo de Deus, presente no acto xunto a outros membros da corporación, destacou “o traballo da escola na transmisión dos valores dun deporte como Karate, tan vinculado ao respecto, a humildade e o compromiso”.

Back to top