XORNADAS DE PREVENCIÓN FAMILIAR “ADOLESCENCIA E ADICCIÓNS: ENFOQUES ACTUAIS”
-
Fecha
31 Maio 2023
-
Hora
18:30
-
Casa do Concello
Avenida de Galicia nº 45 - CP 15620 - Mugardos
Adolescencia e adiccións: Enfoques actuais, a cargo de Gerardo Sabio Fernández, director de ASFEDRO
- Proporcionar información actualizada e basada na evidencia sobre o coñecemento actual sobre la adicción
- O proceso de desenvolvemento do adolescente.
- Condutas de risco e interferencias no proceso de maduración cerebral.
DATA: Mércores 31 de maio de 2023
HORA: 18.30h.
LUGAR: Sala de Plenos do Concello de Mugardos.
As xornadas serán participativas, utilizando dinámicas e contestando ás preguntas que xurdan. A coordinadora do programa é a pedagoga municipal
Poboación destinataria: Representantes das ANPAs, entidades sociais e familias. ofrecéselles manexar unha información obxectiva e veraz que lles axude a adoptar decisións autónomas e responsables en beneficio propio e social, reforzando actuacións preventivas.
O período de inscrición até o luns 29 de maio de 2023. (por orde de inscrición ata cubrir aforo).
A presentación das solicitudes poderase facer polos seguintes medios:
- Achegando a ficha de inscripción cuberta no Concello de Mugardos
- A través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal.
- Nos teléfonos 981342607-981492706 do Centro Municipal de Servizos Sociais.
Para calquera outra información dirixirse a: CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE . R/ Avda. do Mar, bloque 1-baixo, 15500 San Velentín-Fene; Teléfonos: 981492706 / 981342607