VENRES DE CONSUMO RESPONDE: ENTROIDO SEGURO
Este evento rematou
-
Fecha
9 Febreiro 2024
-
Hora
12:30
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Este venres 9 de FEBREIRO ás 12.30 celebraremos a través da aula virtual de consumo unha actividade na que faremos chegar a toda a xuventude de Galicia uns pequenos consellos para aprender sobre un Entroido seguro atendendo aos dereitos que temos como persoas consumidoras que mercamos e consumimos bens e produtos típicos desta festividade.
Faremos unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo. Toda aquela persoa, centro educativo, clase, aula … que desexe participar, unicamente ten que acceder este venres ás 12.30.
Para participar:
- Entra na web do IGCC:https://consumo.xunta.gal/gl
- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma.OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en “Únase desde el navegador“
- UNIRSE Á REUNIÓN