VENRES DE CONSUMO RESPONDE: ARBITRAXE DE CONSUMO
Este evento rematou
-
Fecha
1 Marzo 2024
-
Hora
12:30
Este venres 1 de marzo ás 12.30 celebraremos a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre os nosos dereitos como persoas consumidoras relacionados coa ARBITRAXE DE CONSUMO.
Faremos unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo. Toda aquela persoa que desexe participar unicamente ten que acceder os venres ás 12.30h.
Para participar:
- Entra na web do IGCC:https://consumo.xunta.gal/gl
- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma.OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en “Únase desde el navegador“
- UNIRSE Á REUNIÓN