V NOITE DE ESTRELAS
Este evento rematou
-
Fecha
12 Agosto 2023
-
Hora
22:00
Outro ano máis e dentro da programación especial de verán, o Centro de Interpretación de Caldoval conta coa presenza do biólogo, paisaxista e experto en astronomía cultural, Antón Bouzas, quen dirixirá a nosa mirada a través do ceo nocturno para conectar as nosas mentes coa cultura dos nosos antepasados.
O evento levarase a cabo a partir das 22:00h da noite do sábado 12 de agosto na zona exterior do propio museo. A realización desta actividade está suxeia ás condición climatolóxicas do día en cuestión, polo que é susceptible de cambios ou cancelacións.
Todas as persoas interesadas en asistir deberán escribir un correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) para formalizar a súa reserva facilitando os seguintes datos: número total de asistentes, nomes e teléfono da persoa de contacto.