Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

TÍTERES CACHIRULO CON ‘XELA CONTRA O DRAGÓN TRAGA-VERBAS’

Este evento rematou

O Centro Social de maiores de Mugardos acolle, o mércores 28 de setembro, o espectáculo “Xela contra o dragón Traga-verbas” de Títeres Cachirulo. Un espectáculo de monicreques para todos os nenos e nenas de Mugardos. A súa protagonista, Xela, de 10 anos, ten que liberar aos seus compañeiros de escola, atrapados polo malvado Katraska quen, valéndose do Dragón Traga-verbas, os ten escondidos na cova do trasno. Alí permanecerán ata que esquezan o galego, a súa lingua nai, e se convertan nos seus secuaces. Trátase a importancia do uso cotián da lingua galega, e da conservación da nosa identidade. A continuación da representación, levarase a cabo un obradoiro para traballar os conceptos presentados na obra e recoller os resultados no libro Memoria das Verbas recuperadas.

Back to top