Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

TEATRO: GHOP!

Teatro Ó cubo trae este espectáculo ata a SRCD San Xoán de Piñeiro desde as 20.00 horas.

Ghop! é un espectáculo de rúa áxil, participativo e cheo de humor. Un berro cheo de enerxía para un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia, o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar. Teatro Ó Cubo sae á rúa e completa o seu repertorio teatral recomendado para nenos e nenas a partir dos 5 anos.

Desde a concellería de Cultura lembran que o uso de máscara é obrigatorio desde os 6 anos e recomendable desde os 3 anos, e que os asistentes ao evento deberán respectar sempre a distancia social obrigatoria de 1,5 metros. Así mesmo, lémbrase que os menores deberán estar acompañados sempre por un responsable maior de idade.

Back to top