Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

TEATRO FAMILIAR “A CASA DO TERROR MUSICAL”

Este evento rematou

Hoxe no Casino Mugardés desde as 19.00 horas preséntase o espectáculo musical “A casa do terror musical”, feito íntegramente en galego con cancións, danzas, elementos teatrais ou de clown e sobre todo moita participación do público asistente. Trátase dun evento de teatro familiar recomendado para maiores de 5 anos.

O aforo será limitado, e a organización do evento corresponde  ao concello en colaboración coa Deputación da Coruña e o Casino Mugardés.

Durante o evento deberanse cumprir as normas sanitarias, sendo obrigatorio o mantemento da distancia social de 1,5 metros e o uso de máscara facial. Porase a disposición dos asistentes xel desinfectante para as mans e para a limpieza do material.

A entrada a este evento será gratuita.

Back to top