Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

RESCATE NA BIBLIOTECA (CANCELADO)

Este evento rematou

Ás 18.00 horas na Biblioteca Municipal, desenvoverase este xogo de pistas dirixido a rapaces/as de 2º, 3º e 4º curso de Educación Primaria.

Carmiña e Xustino, uns bibliotecarios un tanto peculiares, decidiron secuestrar a un par de criaturas para encher a súa biblioteca, coma nos vellos tempos, e fóiselles “un pouco” das mans. Meteron a unha manchea de rapaces e rapazas en diferentes libros e agora non os atopan! Sorte que, como son moi despistados, deixaron anotacións e pistas para poder dar con eles.

Debido ao aforo máximo de 15 espectadores, esta actividade require inscrición previa, que pode realizarse do 21 ao 25 de setembro na propia biblioteca ou chamando por teléfono ao 981 470 301.

ESTE EVENTO FOI CANCELADO

Back to top