Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

REMATE DO PRAZO PARA A SOLICITUDE DE PERMISOS PARA AS CACHARELAS DE SAN XOÁN

Este evento rematou

As persoas, organizacións ou comunidades de veciños e veciñas que desexen realizar unha cacharela na súa zona de residencia, deberán presentar a solicitude correspondente no Rexistro Xeral do Concello ou na oficina da Policia Local en horario de 9.00 a 14.00 horas, antes das 14.00 horas do próximo 22 de xuño.

Na solicitude sinalarase o lugar elixido, así como o nome, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI dos responsables da organización ou comunidade, que deberán coidar os arredores e coñecer o número de teléfono da Policia Local 629 416 969.

Dada a situación actual de alerta sanitaria, as solicitudes expediranse nas oficias municipais sempre con cita previa. As persoas interesadas en realizar esta tramitación deberán chamar ao número de teléfono 981 470 338 (extensión #2028) en horario de 9.00 a 14.00 e informar de que solicítase cita para a autorización dunha cacharela para San Xoán. Non se tramitarán solicitudes doutro xeito.

Pode descargarse a instancia tipo na seguinte ligazón:

DESCARAGAR PDF Instancia tipo

Back to top