Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

REAPERTURA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Este evento rematou

Hoxe realízase a reapertura da Biblioteca Municipal, logo de todas estas semanas pechadas polo estado de alarma. As instalacións teñen sido acondicionadas para á atención ao público.

As persoas interesadas en acudir poderán facelo só para recollida e entrega de préstamos.

Non será necesaria a cita previa, haberá que gardar quenda respectando a distancia indicada. As instalacións da biblioteca non estarán abertas á libre circulación dos usuarios/as, senón que haberá servizo de información, devolución e préstamo baixo demanda.

Está prevista a instalación dunha caixa de correos de devolucións no exterior para a entrega de préstamos sen ter que gardar quenda e a calquera hora do día.

 

 

Back to top