Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

“PRONOIA”

Este evento rematou

Virginia Imaz Quijera, do grupo de teatro OIHULARI KLOWN, presenta “Pronoia”, unha parodia de teatro clown para público novo e adulto ás 20.00 horas no Casino Mugardés.

Sinopse: Pauxa é unha payasa que reflexiona sobre a violencia de xénero. Tomando ás persoas do público como cómplices e testemuñas das súas delirantes reflexións, compártenos as súas inquietudes sobre as relacións humanas en xeral e a dificultade de xestionar vínculos saudables, declarándose ao mesmo tempo unha e outra vez, optimista e pronoica.

A duración do espectáculo é de 90 minutos, e o aforo do espazo está limitado a 100 persoas, previa inscrición. Para realizar dita inscrición, as persoas interesadas deberán chamar ao 981 470 338 (extensión #2017) ou enviar un correo electrónico a  servizos.sociais@mugardos.gal.

Back to top