Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OS VELOCÍCLOPES

Este evento rematou

“Os Velocíclopes” é un espectáculo de animación que percorrerá as rúas de Mugardos a partir das 20.00 horas (con saída desde a Casa do Concello e ata o peirao), con cabezudos motorizados que poden verse como zapatos xigantes, cíclopes, automóbiles, etc. manexados por personaxes clownescas. Trátase dun espectáculo para todos os públicos, sorprendente, áxil e de gran interrelación co público.

No caso de choiva, o espectáculo trasladarase ao pavillón do Cristo.

Desde a concellería de Cultura lembran que o uso de máscara é obrigatorio desde os 6 anos e recomendable desde os 3 anos, e que os asistentes ao evento deberán respectar sempre a distancia social obrigatoria de 1,5 metros. Así mesmo, lémbrase que os menores deberán estar acompañados sempre por un responsable maior de idade.

Back to top