Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OBRADOIRO ESPECIAL DE NADAL NO CALDOVAL

Este evento rematou

Hoxe a partir das 17.30 horas desde o Caldoval proponse un obradoiro especial baseado na fabricación de figuras de Nadal, aproveitando a festividade romana das “Saturnalia”. Este obradoiro estará dirixido a toda a familia e os asistentes poderán fabricar a súa propia figura para agasallar aos seus amigos e parentes no día de Nadal, ou para colocala no nacemento.

Este ano por mor da situación sanitaria as prazas son especialmente reducidas, polo que será preciso facer inscrición previa. Todos aqueles que queiran participar poderán apuntarse no teléfono 687 072 116 (en horario de apertura do centro) ou a través do correo electrónico info@museocaldoval.gal.

Back to top