OBRADOIRO DE ENTROIDO SOBRE MÁSCARAS DE TEATRO ROMANAS
-
Fecha
2 Marzo 2025
-
Hora
11:30 - 18:30
É tempo de entroido, e o Centro de Interpretación de Caldoval ofrece un obradoiro especial chamado Mascarada Romana, no cal as persoas participantes poderán deseñar e decorar as súas propias máscaras de teatro romanas, ao tempo que coñecerán o mundo do espectáculo romano do teatro, qué partes tiña o edificio do teatro ou cáles eran as obras favoritas do público que asistía a este evento. Todo para achegarnos un pouco máis á cultura romana.
O vindeiro domingo 2 de marzo, en horario de mañá ás 11:30 h e de tarde ás 17:30 h, terá lugar esta actividade, de arredor dunha hora de duración, e dirixida a público familiar con nenos e nenas, pero tamén adulto. As prazas son limitadas, polo que será necesario inscribirse previamente a través das nosas redes sociais: @centrodeinterpretacióndecaldoval en Facebook e @museocaldoval en Instagram, do correo do centro info@museocaldoval.gal ou no teléfono 687 07 21 16, en horario de apertura.