Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MUSICAL: A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ

A nena e o grilo máis aló é unha montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos que se representará a partir das 20.00 horas na praza do Concello.

Esta obra, recomendada para nenos e nenas maiores de 5 anos, é a última e máis recente entrega de A nena e o grilo, o musical infantil máis aclamado do panorama galego. Nesta última creación A nena e o grilo corren novas aventuras. A nena e o grilo máis aló acadou dúas nominacións nos XXIII Premios do teatro María Casares como mellor espectáculo teatral para público infantil e como mellor música orixinal. Resultando tamén finalista nos Premios da música galega Martín Códax na categoría de mellor album para o disco do mesmo nome no que se inspira a peza teatral.

No caso de choiva, o espectáculo trasladarase ao pavillón do Cristo.

Desde a concellería de Cultura lembran que o uso de máscara é obrigatorio desde os 6 anos e recomendable desde os 3 anos, e que os asistentes ao evento deberán respectar sempre a distancia social obrigatoria de 1,5 metros. Así mesmo, lémbrase que os menores deberán estar acompañados sempre por un responsable maior de idade.

Back to top