Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MÚSICA E MONICREQUES: OS ROMEIROS DO CARACOL

Este evento rematou

No exterior da Sociadade de Amigos da Paisaxe Galega desde as 20.00 horas, Fantoches Baj presentan Os romeiros do caracol, espectáculo de música e monicreques para o público infantil (Recomendado a partir dos 3 anos).

Sinopse: Os irmáns Quintá percorren o camiño de volta de San Andrés de Teixido á súa casa despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu defunto avó de levalo a San Andrés en forma de caracol, xa que non fora de vivo. A sabendas de que o camiño ía ser lento viaxan nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de títeres co que contan as historias e cancións que viron e escoitaron en San Andrés. O espectáculo está baseado na obra Romarías e Santuarios de Galicia de Antón Fraguas. A escenografía do espectáculo é un enorme caracol vivenda no que se contan e cantan cancións e as lendas de San Andrés.

Desde a concellería de Cultura lembran que o uso de máscara é obrigatorio desde os 6 anos e recomendable desde os 3 anos, e que os asistentes ao evento deberán respectar sempre a distancia social obrigatoria de 1,5 metros. Así mesmo, lémbrase que os menores deberán estar acompañados sempre por un responsable maior de idade.

Back to top