Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MONTEFARO ENDURO RACE 6.0

Este evento rematou

A ‘Montefaro Enduro Race 6.0’ desenvolverase os días 28 e 29 de maio nos concellos de Mugardos e Ares. O concello mugardés colabora coa organización realizada por Pulpeiros Mugardos.

A carreira desenvolverase o domingo 29, e na mesma poderán participar un máximo de 350 corredores.

Está previsto que o venres 27 de maio os inscritos podan realizar o recoñecemento dos tramos preferiblemente a pé, co fin de preservar nas mellores condicións os circuitos, lembrando que os participantes deberán circular con precaución e respectando a todos os usuarios dos camiños, e que estes recoñecementos faranse baixo responsabilidade do propio participante e en condicións de tráfico aberto, debendo facer caso das sinalizacións de advertencia postas pola organización.

O sábado 28 pola mañá poderase realizar o recoñecemento de tramos e pola tarde será o momento da recollida de dorsal e chip na zona de padock, situada no Parque da Constitución en Mugardos (Zona do Porto de Mugardos). O domingo de 7.00 a 8.00 realizarase a entrega de dorsais no padocke ás 8.00 terá lugar a saída do primeiro participante. Logo da celebración de todas as probas, ás 15.00 horas está prevista a entrega de trofeos. A partir das 15.30 horas, celebrarase a festa fin de carreira e unha churrascada (de balde para os participantes e cun prezo de 12 euros para os acompañantes).

Back to top