Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

EXPEDICIÓN/RENOVACIÓN DO DNI

Este evento rematou

A Policía Local informa de que hoxe trasládase a brigada móbil da Policía Nacional ao concello de Mugardos. Os solicitantes deben acudir á cita puntualmente, provistos de máscara, a ser posible co importe exacto en metálico da taxa (12 €. Gratis familias numerosas) e de forma individual, salvo para expedicións a menores ou persoas que necesiten acompañamento.

As persoas que necesiten realizar a expedición/renovación do DNI poderán solicitar cita previa na oficina de atención ao público sita na planta baixa da Casa do Concello, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas chamando ao 981 470 338 (extensión #2028).

Lémbrase que a validez do DNI das persoas maiores de idade que caduque durante o período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 13 de marzo de 2021 queda prorrogada un ano máis. Con todo, aconséllase a renovación destes documentos solicitando cita previa.

Back to top