Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

Este evento rematou

A unidade móbil de doazón de sangue estará o 26 de decembro de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 diante da biblioteca municipal na Avenida de Galicia.

Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental. O sangue non se pode fabricar e só é posible obtelo grazas á doazón de personas solidarias que axudan ás persoas enfermas a recuperar a saúde.

Todos os días se precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, trasplantes de órganos…

DOA SANGUE

Back to top