Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ACOMPAÑAR NO RETO DE EDUCAR: SUPERANDO OS “PROBLEMAS” DA INFANCIA

Este evento rematou

O Concello de Fene, a través dos Servizos Sociais,  continúa o programa relacionado co apoio ás familias na súa labor educativa cas crianzas.  

Estas sesións se organizan a través da  agrupación de concellos de Fene, Mugardos e Neda co obxecto de desenvolver o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa familiar “ MAS QUE UN TEITO”, subvencionado pola Consellería de Sanidade. Espazos en familia.

Trátase dun programa de formación en prevención familiar e comunitaria e ten como  finalidade acompañar para evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables e tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero.

Estas actuacións están  encamiñadas a sensibilizar, mellorar e complementar a información nas familias a nivel emocional e na prevención  das condutas adictivas de maneira precisa e axeitada.

O vindeiro luns 19, tratarse o tema “Superando os “problemas” da infancia“: medos, ciumes, berrinches, frustración…

Todas as sesións realizaranse ás 18.00h. LUGAR: Casa da cultura de Fene

Inscrición  :As prazas cubriranse por orde de inscrición ata completar aforo.

Back to top