Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ACENDIDO DO ALUMEADO DE NADAL

Este evento rematou

Hoxe ás 19.00 horas, o Concello de Mugardos procederá ao acendido do alumeado de Nadal cunha pequena festa na Praza do Concello.

A celebración esta aberta á veciñanza e pensada especialmente para o desfrute dos máis pequenos da casa. A presentación do evento correrá a cargo dunha parella de trasnos de nadal e un mago, que teñen preparadas moitas sorpresas para este día, desde a estrea dunha panxoliña moi mugardesa ata a chegada da neve á praza.

Os máis pequenos poderán aproveitar para depositar as súas cartas cheas de desexos no buzón de Nadal dispoñible no evento.

Back to top