Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

DESBLOQUEADAS AS OBRAS DO POS 2019 POR MÁIS DE 160.000 EUROS

A concellería de obras informa do desbloqueo das obras aprobadas no Plan de Obras e Servizos POS 2019 e o inicio inminente das actuacións.

As obras a executar son a pavimentación na Seaña, San Vitorio, no camino de Franza, As Viñas e o Vilar, así como o saneamento na Areosa e a drenaxe no Seixo.

Estas actuacións, cuxo importe total chega aos 164.700 euros, levaban bloqueadas máis dun ano impedindo a súa realización.

Deste plan de obras POS 2019 queda pendente a aprobación da adquisición dun novo vehículo para a Policía Local. Xa se está a traballar para o desbloqueo tamén desta actuación, do que se está pendente só dun informe técnico para proceder á licitación.

“Aínda que nestes tempos de pandemia a principal ocupación do goberno está a ser a protección da poboación, non podemos esquecer que a nosa veciñanza ten necesidades dotacionais que tamén hai que cubrir” comentou Jorge Kuntz.

Back to top