Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

DÁ INICIO A TRAMITACIÓN DOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS PARA O ANO 2021

O goberno municipal presentou xa as liñas xerais dos que serán os orzamentos municipais para o exercicio 2021, cumprindo os prazos marcados pola Lei reguladora das Facendas Locais.

Os ingresos totais previstos roldan os 6.700.000 euros, o que supón unha reducción dos ingresos previstos dun 10% con respecto aos orzamentos de 2020. O motivo que expuxo o concelleiro de Facenda Miguel Mahía para esta reducción é que o goberno municipal prevé unha disminución nas achegas do estado para a financiación das administracións locais.

Do mesmo xeito, e co obxectivo de presentar unas contas equilibradas, os gastos experimentarán tamén unha reducción, ata situarse nos 6.700.000 euros aproximadamente. Neste apartado, o concelleiro subliñou que a reducción dos gastos perxudicaría o menos posible á veciñanza, posto que os gastos correntes (da prestación de servizos) non ven prácticamente minorada a súa contía.

Destacou tamén Miguel Mahía que a valoración que se fai por parte dos servizos técnicos do cumprimento das obrigas legais por parte do goberno municipal é positiva e valora que a corporación rematará os exercicios económicos de 2020 e 2021 respectando a regra de gasto vixente, o que resulta de especial relevancia dado que nestes momentos o concello atópase inmerso nun Plan Económio Financieiro polos incumprimentos legais reiterados nos últimos anos.

Para rematar, Miguel Mahía confirmou que só o grupo municipal socialista presentou propostas para a elaboración destes orzamentos, agradeceulles o seu traballo e colaboración, e afirmou que será con eles cos que o goberno municipal deberá negociar as inversións de 2021 financiadas con fondos municipais “Temos previsto destinar aproximadamente 1.000.000 de euros a inversións, e falaremos co PSOE para a súa aprobación, xa que ningún outro grupo municipal amosou interese por presentar propostas para que fosen incluidas nos orzamentos do próximo ano. É unha mágoa, pero non podemos seguir esperando eternamente. Hai prazos que hai que respectar”.

Back to top