Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE AXUDAS DE ENSINO E DE NADAL

A Concellería de Benestar Social informa da publicación da listaxe da segunda convocatoria das axudas de ensino e transporte para o curso 2020/2021 e das axudas ás familias para mercar xoguetes de Nadal 2020, por un importe total de máis de 10.600 euros.

Nesta segunda convocatoria das axudas de ensino e transporte concédense 57 para material por máis de 8.100 euros, e 3 axudas para transporte por 600 euros.

Por outra banda, nesta primeira listaxe provisional das axudas para xoguetes de Nadal son 38 as axudas concedidas polas que o concello aboará 1.900 euros aos solicitantes.

Chegado este punto da tramitación administrativa destas axudas ábrese un prazo de 5 días, do 23 de outubro ata o 29 de outubro, para a presentación da subsanación de documentación e as alegacións que se estimen oportunas no rexistro xeral do concello, ou telemáticamente vía sede electrónica municipal.

Transcorrido este prazo a comisión emitirá unha proposta definitiva e de seguido será aprobada pola Alcaldía.

A concelleira Ana Varela quixo destacar que desde o goberno municipal anímase á veciñanza a solicitar sempre todas as axudas dispoñibles no concello “As familias mugardesas teñen que saber que este goberno e este concello están á súa disposición, e as portas dos servizos sociais están sempre abertas para aquelas persoas que pensen que desde esta administración podemos botarlles unha man”.

Nas seguintes ligazóns poden consultarse as listaxes publicadas pola concellería:

 IR Á LIGAZÓN Listaxe das axudas de ensino e transporte para o curso 2020/2021

 IR Á LIGAZON Listaxe das axudas ás familias para mercar xoguetes de Nadal 2020

Back to top