Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

INFORMACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL

Avenida de Galicia nº 45, 2º andar

981 470 290 (extensión: #2015)

Horario de atención ao público: no inverno de luns a venres de 10.00 a 11.30 horas, e no verán e luns a venres de 9.00 a 10.00 horas.

Persoa de contacto: Fátima García

fatima.garcia@mugardos.gal

O Arquivo municipal de Mugardos alberga un volumen documental aproximado de 2600 unidades de instalación. A meirande parte do fondo (1857 á actualidade) está formada por documentación produto da actividade municipal, polo que a súa tipoloxía correspóndese maiormente con actas, padróns e expedientes administrativos procedentes das distintas áreas e departamentos.

O Arquivo municipal ofrece o servizo público de consulta de documentación  previa solicitude mediante o formulario correspondente.

Unha vez cumplimentado o formulario, deberase entregar a solicitude no arquivo municipal ou rexistrala vía sede electrónica:

  • Arquivo Municipal: nas oficinas municipais
  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

Back to top