CONSULTE AQUÍ O ANTEPROXECTO DA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL
As persoas interesadas en facer aportacións ó anteproxecto da nova Biblioteca Pública teñen varias vías para realizalas:
-Telemáticamente, na web do Concello (https://mugardos.gal/es/buzon-de-sugerencias/)
-No Rexistro Xeral do Concello (de luns a venres, de 9 a 14 horas).
-Por correo electrónico: participacion@mugardos.gal
O prazo de presentación das suxestións remata o 21 de maio (incluido). Posteriormente, tal e como informou o Alcalde de Mugardos, Domingo Deus, se constituirá un Comité Técnico para estudiar as propostas que se presenten.
Características da nova Biblioteca Pública
O novo edificio se construirá na Avenida de Galicia, número 25. Terá un uso socio-cultural e estará dividido en 3 plantas, con espazos amplios e flexibles. A superficie do inmoble é de 448 m² e o orzamento de execución do proxecto ascende a 492.400€.
A distribución dos espazos será a seguinte:
-Planta baixa: sala de usos múltiples (charlas, conferencias, etc…)
-Planta primeira: servizo de información e préstamo, e biblioteca infantil e xuvenil.
-Planta segunda e baixocuberta: sala funcional, e biblioteca de público adulto.