Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

APERTURA DO PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DE SOLICITUDES ESPAZO INFANTIL DE XOGO, VERÁN 2021

O Concello de Mugardos abrirá o prazo de inscrición  para o Esparzo Infantil de Xogo de verán, do 14 ó 28 de maio de 2021, e ata o 6 de agosto se houbera vacantes.

Haberá 45 plazas por quincena no CEIP Unión Mugardesa, e 30 prazas por quincena no CEIP Santiago Apóstol.

O programa extenderase do 1 de xullo ó 31 de agosto de 2021.

Haberá servizo de COMEDOR e ALMORZO a disposición dos e das nenas participantes e as opcións de horario REDUCIDO (10.30-14.00 h) ou COMPLETO (8.00-14.00 h), sempre que se chegue a un mínimo de 7 solicitantes.

Terán preferencia @s nen@s empadroad@s en Mugardos.

Os impresos e a información complementaria poden obterse nos SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS e na web municipal: www.mugardos.gal

DESCARGAR PDF Bases BOP

DESCARGAR PDF Anexo 1. Solicitude de Prazas

DESCARGAR PDF Anexo 2. Datos Complementarios

Back to top