Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CONCERTO DA CANTANTE PAULIÑA NO SANTIAGO APÓSTOLO E UNIÓN MUGARDESA CON MOTIVO DO 8M

O  pasado xoves 13 de marzo, a cantante Pauliña converteu un día lectivo nunha festa para a comunidade educativa de Santiago Apóstolo e Unión Mugardesa. Logrou a participación de todos e todas con cada unha das súas cancións ao tempo que Pauliña recollía os agasallos que alumnas e alumnos de todos os cursos lle  tiñan preparado.

Pauliña presentou as orixes das súas composicións transmitíndolles a importancia do respecto á diferencia, os sentimentos que provoca o ter que emigrar, o valor da propia lingua, a loita contra a violencia de xénero e a importancia das nais e avoas nos logros pola igualdade. Alumnas e alumnos agasallárolle cunha coreografía que ela aprendeu e que cantaron e bailaron en conxunto ao remate da xornada. 

A actuación estivo enmarcada na Programación Municipal do 8M e financiada polo Ministerio de Igualdade, con Fondos do Pacto de Estado.

Back to top